Proxecto Deportivo de Centro 2017

Benvidos ao blogue deseñado polo profesorado de educación física do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis no curso 2016/2017.

Este espazo pretende dar visibilidade ás experiencias e actividades do Plan Proxecta do Proxecto Deportivo de Centro-Centros Activos e Saudables que durante este curso ten coma finalidade a promoción da actividade física saudable na nosa comunidade educativa.